Bo día.
ASOCIACION VECIÑAL SAN MIGUEL DE OIA
Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
martes, 23 de septiembre de 2025
FAVECFEST 2025
Bo día.
sábado, 20 de septiembre de 2025
miércoles, 3 de septiembre de 2025
FESTIVAL CORAL
Bo día.
Non te perdas este sábado 6 de setembro ás 19:00 h, o sensacional Festival Coral de San Miguel de Oia, con tres das mellores corais da contorna:
· Coral Polifónica CVC de Valladares.
· Coral Polifónica Perla do Atántico (Alcabre).
· Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia.
lunes, 1 de septiembre de 2025
PRESENTACION ACTIVIDADES
Bo día.
Xa estamos organizando o novo curso de actividades, de feito algunhas delas xa empezaron, e coma tódolos setembros, imos presentarvos as novidades deste curso 2025-2026. Será no auditorio, este venres 5 de setembro ás 19:30 h. Achégate para informarte e inscríbete antes de que se esgoten as prazas.
Grazas polo teu apoio.
viernes, 22 de agosto de 2025
miércoles, 25 de junio de 2025
RECOMQUISTA DE TORALLA
A Constitución e o resto do ordenamento xurídico, son os alicerces da nosa democracia, por iso unha vez máis, queremos reivindicar o cumprimento da lei de Costas, das resolucións do Ministerio de Transición Ecolóxica e do sentir da meirande parte da cidadanía, que non pode entender como hoxe en día, só uns poucos privilexiados, poden acceder a todo o perímetro da illa de Toralla.
O artigo 27 da lei de costas di: “La servidumbre de tránsito recaerá sobre una franja de 6 metros, medidos tierra adentro a partir del límite interior de la ribera del mar. Esta zona deberá dejarse permanentemente expedita para el paso público peatonal... En lugares de tránsito difícil o peligroso, dicha anchura podrá ampliarse en lo que resulte necesario, hasta un máximo de 20 metros”.
Por suposto, ninguén pide o acceso ás parcelas privadas, somos demócratas e só pedimos o cumprimento do ordenamento xurídico.
ESTE SÁBADO 28 DE XUÑO ÁS 11:30 H, POR MAR DENDE O PORTO DE CANIDO E POR TERRA DENDE O INICIO DA PONTE, ÚNETE A ESTA REIVINDICACIÓN PACÍFICA.
NO PORTO DE CANIDO HABERÁ 20 KAYAKS DOBRES DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN, PARA 40 REMEIROS VOLUNTARIOS.
Grazas polo teu apoio.
martes, 17 de junio de 2025
CHARLA FORMATIVA
Bo día.
Apúntate a esta xornada de formación apta para calquera persoa.
Hoxe faise imprescindible ter unha identificación electrónica no teu dispositivo, por iso consideramos fundamental avanzar nunha dixitalización universal accesible para tódalas persoas, sen importar idades nin coñecementos previos. Trámites administrativos habituais como solicitar un volante de empadroamento, outras solicitudes, queixas, suxestións, licencias, permisos, comunicacións previas, etc, pódense facer sen moverse da casa.
Será o próximo mércores 25 de xuño ás 10:30 h no Local Social.miércoles, 11 de junio de 2025
taller TEATRO NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA
TEATRO NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA
Este venres 13 de xuño ás 20:00 h, teremos a unha nova oportunidade desfrutar do mellor teatro, combinado risas e emocións, con dúas xeniais obras do Taller de Teatro Espazo + 60 de “LA FUNDACIÓN” que representarán a comedia: “MENTIRAS Y SECRETOS” e o drama: “YERMA”
Entrada libre ata completar aforo.
Grazas polo teu apoio.
jueves, 5 de junio de 2025
FESTIVAL CORAL DE PRIMAVERA
Este sábado 7 de xuño ás 20:00 h, poderemos gozar do apaixonante festival coral de primavera, o que xa é un clásico cada ano nestas datas en San Miguel de Oia.
Este ano actuaran:
· Coral Polifónica Agarimo de Torneiros.
· Coral Cantares de Xinzo
· Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia
Entrada libre ata acadar aforo.
Grazas polo voso apoio.
miércoles, 4 de junio de 2025
viernes, 23 de mayo de 2025
TEATRO
Mañá sábado 24 de maio ás 20:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, poderás desfrutar dunha nova obra de teatro da man duns magos da interpretación: o GRUPO DE TEATRO RUEIRO, coa súa comedia: PROFESIÓN PRECARIA.
A risa é unha terapia máxica, non te perdas esta oportunidade de rir cos teus.
Acceso libre ata acadar aforo.
Saúdos cordiais
miércoles, 14 de mayo de 2025
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Bo día.
Este Sábado 17 de maio, celebra o Día das Letras Galegas na túa Asociación Veciñal. Ás 19:00 h o mellor teatro do mundo para escachar de risa coas TEATREIRAS DE SAN MIGUEN DE OIA e o TALLER DA FUNDACIÓN, interpretando as comedias curtas: “LAVANDEIRAS”, “LA VIDA” e “SANI-DAD”. Despois do teatro, poderás degustar o tradicional ChouriOia, con chouripán de balde para tódolos asistentes.
Anímate a participar cos teus, nada ten sentido se vós.
viernes, 2 de mayo de 2025
jueves, 24 de abril de 2025
BURLESQUE NIGHT
Este sábado 26 de abril ás 21:30 h, no auditorio de San Miguel de Oia, a compañía “ROTO E DESCOSIDA” vainos sorprender con seu novo “BURLESQUE NIGHT”, un show para adultos respectuoso ao tempo que sensual e sarcástico.
Non o esquezas, todo ten sentido cando ti estás.
Grazas polo teu apoio.
lunes, 21 de abril de 2025
RECIBOS 2025
Bo día.
De tódolos xeitos, tamén pasaremos polos domicilios dos socios que non poidades achegarvos ao local social.
Coma tódolos anos, xa temos negociado coas navieiras as viaxes as illas para a Asociación de Veciños de San Miguel de Oia; xa podes reservar de luns a venres nas oficinas da AVV ou chamando ao telefono 600402223 de 18:00 h a 20:00 h.
Prezos: Socio 15€, non socio 18€, nen@s de balde ata 12 anos (incluidos).
Estas son as datas previstas, sempre dende Vigo, lembra que o prazo de reserva remata 15 días antes de cada data:
Cies:
· Xoves 19/06/2025
· Domingo 29/06/2025
· Domingo 06/07/2025
Ons:
· Domingo 13/07/2025
Desfrutemos do noso entorno natural con responsabilidade.
jueves, 10 de abril de 2025
CONCERTO
Non te perdas este domingo 13 de abril, o sensacional concerto polo 93 aniversario da Banda de Música Lira de San Migel de Oia; será ás 19:00 h no Auditorio do Centro Cultural.
Grazas polo teu apoio.
Saúdos cordiais
domingo, 9 de marzo de 2025
A CORAL CASABLANCA NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA
O día 5 de abril ás 20:00 h, teremos o privilexio de recibir no auditorio de San Miguel de Oia, á CORAL CASABLANCA DE VIGO.
Con motivo deste memorable Concerto, e en previsión de que os nosos socios poidan facelo coa súa butaca reservada, disporán gratuitamente de dúas entradas por socio, ata completar aforo.
A recollida das entradas só para socios, será: de luns a xoves de 18:00 h a 20:00 h, presencialmente nas oficinas da Asociación de Veciños, dende o 10 de marzo, ata o 2 de abril.
viernes, 7 de marzo de 2025
TEATRO
Bo día.
Este domingo 9 de marzo ás 19:00 h, temos unha nova cita coa comedia teatral, desta volta da man da compañía: TEATRO A CIVIDADE, que vainos facer máis felices se cabe, coa representación da súa obra: AMOR DIÑEIRO SAÚDE.
Acceso libre ata acadar aforo.
Anota ben => DOMINGO => comedia => escachar de risa.
viernes, 28 de febrero de 2025
ENTROIDO 2025
Bo día.
Un ano máis imos celebrar o entroido nas instalacións da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia; será o vindeiro martes 4 de marzo (festivo local), a partir das 18:00 h, contaremos coa animación do grupo “OCIO INFANTIL MÁIS QUE BRINCOS”, que van ter entretidos a tódolos peliqueiros. Haberá tres estupendos premios para a cativada, elixidos nun animado desfile de entroido no hexágono.
Por suposto, non faltarán orellas de carnaval de balde para toda a veciñanza que se acheguen a desfrutar deste día trouleiro.
miércoles, 26 de febrero de 2025
martes, 18 de febrero de 2025
ASAMBLEA XERAL
Bo día.
Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 23/02/2025 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.
ORDE DO DÍA:
• Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.
• Balance do exercicio 2024.
• Orzamentos para o exercicio 2025.
• Memoria de actos e actividades.
• Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.
• Proxecto de humanización de Cesáreo Vázquez.
• Proxecto de modificación de Avd. Ricardo Mella.
• Altas e Baixas de socios.
• Rogos e preguntas.
A asemblea é a mellor canle de información, participación e motivación veciñal, queremos sentir un pobo unido. sen a vosa presencia, nada tería sentido.
grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
BANCO DE FOTOS




